O estadio municipal da Alta, na Pobra do Caramiñal, será escenario no 19 de decembro da segunda das xornadas das probas de atletismo en pista ao aire libre iniciadas a finais do mes de novembro e que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte e a Agrupación Deportiva Escolar As Rías, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo , a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.
Esta cita deportiva comprende as categorías benxamín alevín e infantil. O horario previsto no que transcorra é de 10.00 a 13.00 horas. Os participantes disputarán as probas de salto de lonxitude, lanzamento de peso e salto de altura. Agárdase que sexa todo un éxito, tanto polo nivel dos participantes, que virán de todo Galicia, como polo público asistente.
A competición levarase a cabo baixo o protocolo establecido por mor da COVID-19.