O Complexo Deportivo da Fieiteira vai ser escenario este sábado 21 da celebración da final do Campionato Galego Alevín de Fútbol 8.
O interese do Atlético Riveira e a colaboración do concello, fixeron posible a organización deste evento na capital barbanzá, así o explicaron o presidente deste club, Juan Fungueiriño, o delegado en Santiago de Compostela da Federación Galega de Fútbol, Manuel Castiñeiras, e o alcalde Manuel Ruiz.
Dende a Federación agradeceron o interes do Atletico Riveira en organizar esta competición.
O Atlético Riveira tocoulle un grupo difícil, tratarán de defender a camiseta pero sobre todo de desfrutar do xogo.
Oito serán os equipos que se medirán no campo de céspede artificial a partir das 10.30 horas e estarán divididos en dous grupos: no grupo A, Deportivo da Coruña, Atlético Riveira, Escola Deportiva Lalín e Club Deportivo Calasanz; e no grupo B, Vitoria Fútbol Club de Santiago, Escola Deportivo de Boiro, Racing San Pedro e Imperator.
De cada un dos grupos sairán dous seleccionados que se medirán primeiro dun contra segundo do outro. A final está programada para as 18.20 horas.
En total está previsto que xoguen arredor de 120 pequenos deportistas. O alcalde agradeceu a implicación do Atletico Riveira na organización desta competición que traerá 120 rapaces a vila, e con eles as súas familias, desexalles exitos os ribeirenses e sobre todo que desfruten dos partidos.
Doutro lado, Juan Fungueiriño aproveitou a presentación para informar de que este mesmo sábado o equipo prebenxamín viaxará ata Arzúa para disputar a fase final tras proclamarse campión de liga. Formará parte do grupo B, no que tamén estarán Escola Estrada, Racing de Ferrol e Santirso. No outro grupo participan Santiago, Xaias, Porto Burela e Luis Calvo Sanz.
https://www.youtube.com/watch?v=6_1LUjkSTMQ