A Xunta e as tres universidades públicas do Sistema Universitario Galego veñen de selar un acordo de colaboración a través do cal a Xunta inxecta preto de 7M€ para comprar e mellorar o equipamento e as instalacións científico-técnicas para os seus campus durante este ano 2021. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez e os reitores das Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo asinaron esta mañá o acordo, a través do cal poderán adquirir todo tipo de tecnoloxías para os seus centros de investigación, facultades e edificios.
O GOBERNO GALEGO INXECTA PRETO DE 7 MILLÓNS DE EUROS NAS TRES UNIVERSIDADES PÚBLICAS GALEGAS PARA A ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO CIENTÍFICO TÉCNICO

