Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira, procederon á detención dun home de 18 anos, veciño de Ribeira, como presunto autor dun delito de roubo con forza nun garaxe. Tras recibirse a chamada no 091, de madrugada, comunicando que escoitaban ruídos no garaxe dunha vivenda, os policías dirixíronse ao lugar, que sorprenderon a un individuo no seu interior manipulando os caixóns dun moble.
Tras realizar unha requisa do garaxe, os axentes observaron un vehículo coas portas abertas e o interior revolto, podendo ver que o individuo, para entrar, fracturara unha porta de acceso ao garaxe. Máis tarde preguntan ao propietario do vehículo que manifesta aos axentes que estaba perfectamente pechado e en orde, polo que se procedeu á detención do mozo por roubo con forza.
Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, porase ao varón a disposición xudicial.