Ribeira

O GRUPO DE TEATRO MUNICIPAL DE RIBEIRA AMOSOU SOBRE AS TÁBOAS A SÚA NOVA OBRA “O REI TELESFORO BUSCA NOIVA (E QUERE NOIVO)” ANTE UN AUDITORIO CHEO

A fin de semana en Ribeira estivo protagonizada pola estrea da obra do grupo de teatro municipal de Ribeira. O pano do auditorio municipal ribeirense subiu a baixou varias veces, xa que a acollida do espectáculo “O Rei Telesforo busca noiva (e quere noivo) non puido ser mellor: todas as butacas ofertadas foron cubertas na súa estrea do venres, polo que a función se repetiu o sábado e o domingo.
A obra trátase dunha comedia de época dirixida por Oscar Romero co apoio de Chiki Durán, e entre os asistentes ao debut estiveron os alcaldes de Ribeira e Porto do Son, Manuel Ruiz e Luis Oujo. Ademais, unha vez rematou a representación que se celebrou onte, doáronse 395 euros xuntados polo Grupo de Teatro para a Fundación ANDREA no nome do finado Daniel Gómez Ramil. O espectáculo estivo dedicado a Daniel, que tiña o papel de Marqués.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.