O partido do Noia Portus Apostoli FS en Barcelona comezou moito antes de que empezase a rodar o balón, este sábado 11 ás 16:00 horas. Fíxoo cando a COVID-19 golpeou o pasado mércores por primeira vez ao club en ano e medio. Con todo, #ante a incerteza e a adversidade, este equipo volveu mostrar o seu mellor cara para seguir lembrando quen manda na táboa da Segunda División.