Deportes

NA PREFERENTE A FALTA DE PEGADA CONDENOU AO BOIRO CONTRA O LARACHA AO EMPATAR 2-2.

O Boiro e o Puebla concluíron este domingo a primeira volta da Preferente Galicia de fútbol, Ambos sumaron un punto fronte ao Laracha (2-2) e contra o Paiosaco (1-1).
No partido que se disputou na Alta a diferenza de postos na clasficación non se viu reflexada sobre o céspede. Xa que foron os locais quenes puxeron as ocasións a pesares de que o Paiosaco era quen dominaba o balón. Na primeira metade chegouse ao descanso co empate a cero, onde os de Jesús Mella reclamaron un penalti que o colexiado non considerou punible.
Nos segundos 45 minutos viuse que ambos conxuntos querían quedarse cos tres puntos, e o partido abriuse. E no minuto 72. Adri Casariego finalizou unha contra para poñer o 0-1. E cando parecía que o Puebla ía quedar de novo sen sumar, apareceu Juan García, que aproveitou súa oportunidade aos cinco minutos de entrar sobre o verde para poñer o definitivo 1-1.
Doutra banda o CD Boiro non puido pasar do empate contra o Laracha, un dos equipos chamados a estar na parte baixa da táboa. Púxose dúas veces por diante no marcador o conxunto dirixido por Luis Carro. Primeiro foi Pereira cinco minutos antes de chegar ao descanso , pero pouco despois os locais empatarían cun golazo de Totó. Na segunda parte, Javi asestaría outro golpe para os coruñeses logo de rematar un balón á saída dun córner que adiantaba de novo aos boiristas. Pero de novo, cinco minutos depois, Totó, volveu a igualar o marcador poñendo o definitivo 2-2.
Con estes resultados, os boiristas son quintos en postos de promoción con 17 puntos e o Puebla oitavo con 13.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.