Deputación Da Coruña

MARÍA CURESES E RAÚL SANTOS GAÑAN O XXXIII PREMIO TORRENTE BALLESTER DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Raúl Santos Ageitos coa novela ‘Cornucopia’ e María Cureses de la Vega coa novela ‘Ni luz nin llanto’ son os gañadores da XXXIII edición do Premio Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña. O fallo do xurado foi feito público esta mañá polo deputado de Cultura, Xurxo Couto, acompañado polos comisarios do premio en lingua castelá e en lingua galega, Susana Pedreira e Ramón Rozas.
Neste sentido, os dous comisarios fixeron fincapé en que as dúas persoas gañadoras da presente edición son un autor e unha autora que están comenzando no mundo literario. Así a persoa gañadora vai a ver a súa primeria obra publicada grazas a este premio porque unha das vocacións do Torrente Ballester é o de abrir camiños e situar novos nomes no panorama literario.
Pola súa banda, Susana Pedreira tamén se referiu a esta circunstancia asegurando que o Torrente Ballester descubriu a grandes escritores como Ignacio Martínez de Pisón que gañou fai 30 anos e despois chegou a ser Premio Nacional de Narrativa, e premiou fai 25 anos a Manuel Rivas que tamén foi Premio Nacional de Narrativa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.