Rianxo

RIANXO ACOLLE MAÑÁ UN ESPECTÁCULO TEATRAL E UN FESTIVAL DE NADAL.

Continúan as actividades culturais en diversos municipios da comarca. Desta vez no día de hoxe a Sala de Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo foi escenario da actuación de Lucía Mta e o seu fagot e Diego Mata ao Piano. Unha actividade enmarcada no IV Ciclo de Novos Intérpretes. No día de mañá, a partir das 12:30 horas no mesmo lugar, terá lugar o espectáculo teatral e musical “Os apalpadoriños” a cargo de Nelson Quinteiro. Xa para pechar a xornada, a partir das 20:30 chegará o Festival de Nadal da Asociación Fago Mutuo ao Auditorio de Rianxo.
 Doutra banda en Noia, tamén pola mañá, a partir das 12:30 horas terá lugar a entrega do premio do 19 Certame Literario Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos á escritora Emma Pedreira. Dito premio está dotado con 3.000 € e unha escultura conmemorariva do artista Alfonso Costa. O traballo premiado foi Cicatrices do aire.
O sábado ás 20:00 horas terá lugar a proxección da película Richard Jewll no Teatro Coliseo Noel, enmarcado dentro do programa Rede Cultural Deputación 2021.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.