A Xunta convocará a vindeira semana dúas liñas de axudas por un importe de 13,5 millóns de euros dirixidas aos concellos galegos e dedicadas exclusivamente á separación da materia orgánica. Así o avanzou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a clausura da xornada de presentación da Estratexia galega de biorresiduos e residuos municipais 2022-2023.
A XUNTA AVANZA QUE A PARTIR DA VINDEIRA SEMANA OS CONCELLOS PODERÁN SOLICITAR AXUDAS DOS 13,5 MILLÓNS DE EUROS DEDICADOS EXCLUSIVAMENTE Á SEPARACIÓN DA MATERIA ORGÁNICA

