Feijoo destaca que a lingua «é un códice vivo escrito por todos»

A Xunta de Galicia homenaxeou a Manuel María no día das letras, e fixoo cun acto institucional celebrado no CEIP Laverde Ruiz, en Outeiro de Rei, terra natal do poeta. Durante a súa intervención Feijoo destacou a ligua como o códice vivo escrito por todos.

Trala celebración no CEIP Laverde Ruiz, o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu a sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega con motivo do Día das Letras Galegas 2016. O acto desenvolveuse na Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei.
Palalelamente a esta homaxe, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrou o Día das Letras Galegas no Gaiás cunha homenaxe cidadá a Manuel María a través dun espectáculo multimedia que incluia lectura de poemas, música en directo, vídeo-creacións e ata un obradoiro de rap.
Manuel María Fernández Teixeiro naceu en Outeiro de Rei en 1929. No 1942 trasladouse a Lugo para estudiar o bacharelato e alí comezou a súa carreira literaria. Faleceu no 2004 ós 75 anos. O poeta galego, que destacou polo seu compromiso politico co nacionalismo galego deixounos unha extensa obra.

https://www.youtube.com/watch?v=McUe5xwUuKw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.