O Cidade de Ribeira segue de doce. Onte a pesares de ser festivo, a Primeira Autonómica non descansou, e aos de Santa Uxía tocoulles visitar a un Agolada que marchaba penúltimo con 4 puntos. Os de Moreno viñan logo de vencer ao Flavia 2-1 na casa pero sabían que non se ían atopar un rival fácil na súa visita a Deza a pesares da súa táboa clasificatoria. E así foi, nun partido frío e condicionado polo agotamento físico de xogar 3 partidos en unha semana, provocou que non fora o mellor partido para o espectador. E tivo que ser pouco antes do descanso, no minuto 32 cando un centro de Anthony remataría co gol en propia meta de Joel, o que suporía o único tanto do encontro. Na segunda metade o Agolada intentouno, pero os de Santa Uxía defendéronse como gato panza arriba para sumar o seu quinto triunfo consecutivo. Con este triunfo o Cidade de ribeira sitúase líder en solitario con 20 puntos. Este domingo remata a primeira volta fronte ao Esclavitud.