O Parking de Xuíz Falcone estará operativo a finais de maio ou comezos de xuño

O Parking de Xuíz Falcone estará operativo a finais de maio ou comezos de xuño, Así o anunciou o alcalde Santiago Freire, logo de explicar que unha rotura de tuberías fixo ralentizar a obra.

Ó parecer, durante as obras, romperonse varias tubaxes polo que os obreiros tiveron que volver a abrir e reparalas, retrasando o remate das obras.

Logo de dotalo de lumiarias, o parking abrirá ó público, nos primeiros meses de xeito gratuito , para que os noieses se familiaricen co servizo.

A inversión neste aparcadoiro supera o millón de euros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.