Deportes

UN GOL NO ÚLTIMO MINUTO DE ELOY DALLE A VITORIA AO BOIRO NO DERBI CONTRA O PUEBLA.

A importancia dos derbis é recoñecida por todos, e máis cando se trata dun Boiro Puebla, que nos últimos anos saltaron chispas en cada duelo entre ambos conxuntos. O desta xornada non foi diferente, a á diferenza do ano pasado onde os pobrenses conquistaron Barraña, desta vez foron os locais os que se levaron os 3 puntos grazas a un tanto de Eloy no último minuto. (2-1).
E iso que o encontro comezou moi vibrante e en apenas 20 minutos xa se viran dous goles. Primeiro foi Jon quen cunha volea mandou o balón á escadra para adiantar aos locais. Tan só 6 minutos despois Viturro aproveitaba un rexeite dentro do área para igualar o marcador. A partir de ahí, e sobre todo na segunda metade, o Puebla dedicouse a xestionar o resultado dunha forma moi conservadora. Cando parecía que ambos firmaban táboas, o xuvenil Mario Regueiro poñía un espectacular centro coa zurda para que Eloy anotara o 2-1 e dasatara o xúbilo nas bancadas de Barraña.
Con este triunfo o Boiro sitúase quinto con 16 puntos, xa en postos de promoción. E o Puebla noveno con 12 puntos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.