Acabouse falar da Copa do Rey ata febreiro. Cinco sentidos na liga novamente para o Noia Portus Apostoli FS, que na xornada 14 do campionato encara unha esixente saída a Talavera para verse as caras cun dos equipos chamados a estar na zona alta da clasificación. Ao redor da figura do adestrador galego Juanma Marrube, que sabe o que é ascender a Primeira División con Burela Pescados Rubén, o Soliss FS Talavera construíu, unha tempada máis, un cadro de persoal moi competitivo en todas as súas zonas