Deportes

O CLUB BALONCESTO NOIA VISITA AO XUVENTUDE CAMBADOS NA PRIMEIRA DIVISIÓN MASCULINA.

Despois da vitoria a semana pasada do Berberecho Noia na casa do Cambados, mañá voltan a xogar contra os pontevedreses co obxectivo de traer outro triunfo que lles permita subir uns postos. Actualmente os noieses sitúanse no sexto posto con dous triunfos, e o Xuventude Cambados colista con cero, polo que é unha boa oportunidade para que os de Jesu Souto recuperen a confianza e as boas sensacións transmitidas en diferentes partidos da competición ligueira. O encontro disputarase mañá en Cambados a partir das 18:00 da tarde.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.