O Concello de Boiro conta unha semana máis con actividades enmarcadas na axenda cultural. O Centro Social de Boiro acolleu a xornada “Cultura sustentable, o reto postcovid”. Está enmarcada no programa “A cultura é un dereito”, que impulsa a Deputación da Coruña. Na xornada abordouse o futuro da cultura, partindo da base de que hai que reformular as formas de traballar e apostar pola sustentabilidade.