Teatro e maxia na POBRA

O 19 de maio ás 11.30 ,Migallas Teatro presentan “Merenda con pan de millo” , no Teatro Elma para o alumnado do Colexio Fernández Varela e das Unitarias de Vilariño, Granxa e Campo Angustia máis de 150 nenos/as.

O 21 de maio ás 20.00 , O mago Cayetano Lledó presenta o espectáculo “Sherlock Holmes” no Teatro Elma. Entrada de balde.
Sherlock Holmes é un espectáculo de teatro con comedia, maxia e moito humor. Un show dirixido a público familiar.

O famosos detective tentará resolver o misterioso roubo da mansión. Os feitos producíronse durante a noite na que a baronesa celebraba o aniversario.

Este espectáculo forma parte do programa «Cultura no Camiño 2016» da Xunta de Galicia

https://www.youtube.com/watch?v=Ucuz8hd9iJM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.