A Asociación Barbantia Roda e o Concello de Boiro organizan o 4º CROSS BARBANTIA – CONCELLO DE BOIRO. A proba que foi presentada esta mañá na casa concsitorial de Boiro celébrase o 22 de maio no Complexo deportivo de Vista Alegre . 11 kilómetros a percorrer polos montes de Boiro na categoría absoluta.
As carreiras comezan as 10 da mañá coas probas infantís, sendo a proba absoluta as 11:00.
O concello de Boiro apoia este evento deportivo seguindo a liña de impulso do deporte e dunha vida saudable dos últimos anos.
As inscripcións poden realizarse ata o xoves en emesports.es, O Prezo e de 6 € na categoría absoluta. Gratuito nas categorías infantiles . A dificultade da proba absoluta e media.
https://www.youtube.com/watch?v=7jf3-MAGhM8