O Berberecho Noia logrou unha importante vitoria ante o Xuventude Cambados, nun partido que os noieses foron superiores desde os primeiros minutos. Saíron moi decididos os locais para impoñer o seu ritmo, aínda que os visitantes mantiñan un elevado acerto para permanecer cerca no marcador. No segundo cuarto unhas boas accións ofensivas dos pupilos de Jesu Souto permitiulles chegar ata os 10 puntos de diferenza e chegar ao descanso 36-24. Tras o paso polos vestiarios, os visitantes trataron de reaccionar cunha forte defensa, pero desta vez os locais, con máis paciencia e realizando ataques máis longos, foron quenes de controlar e frenar o xogo do conxunto de Cambados. No último parcial, os noieses foron ampliando a vantaxe no electrónico aumentando a súa efectividade nos seus lanzamento, para acada a vitoria final por 72-55. Santi foi o xogador máis destacado dos noieses con 16 puntos. Esta é a segunda vitoria no que vai de competición para o Club Baloncesto Noia.