Deportes

NA PRIMEIRA AUTONÓMICA O CIDADE DE RIBEIRA METEUSE NA POMADA DESPOIS DE VENCER AO LALÍN (0-1).

A Primeira Autonómica está máis apertada que nunca. Seis equipos distáncianse entre 4 puntos, e entre eles atópase o Cidade de Ribeira que venceu a un dos cocos da categoría, ao Lalín. Chegaban coa moral pola nubes os de Santa Uxía despois de vencer na casa ao Unión no derbi, aínda así nos primeiros 45 minutos non mostraron seu mellor fútbol. Logo da lesión no nocello de Lijó, tivo que entrar Flori, que a pesares de non poder quecer, fixo un par de intervencións de mérito. Nos segundo 45 minutos, e cos cambios realizados coa entrada de Marcelo o Cidade de Ribeira mellorou. Cando quedaban 15 minutos, e parecía que ambos firmaban o empate, Christian recibía un balón no vértice do área que mandou directamente á escadra cun disparo imparable, para poñer o 0-1. O da Ameixida está nun momento doce da tempada. Nos últimos minutos os branquiazuis tiveron que poñerse o mono de traballo para aguantar o resultado e levarse os tres puntos de Lalín. Con este triunfo o Cidade de Ribeira sitúase no terceiro posto con 14 puntos, a dous do líder, o Falvia, seu próximo rival.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.