Icono del sitio CanalBarbanza.com

GALICIA E CHILE INTERCAMBIAN EXPERIENCIAS SOBRE O MARISQUEO A PÉ E A SITUACIÓN DA MULLER NO SECTOR.

A presidenta da Corporación Nacional  de Mulleres na Pesca Artesanal de Chile, Sara Garrido, atópase de visita en Galicia. Hoxe asistiu a unha reunión doa directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, na que intercambiaron experiencias sobre o marisqueo en ambos países. Na xuntanza tamén se informou sobre a marcha das xestións na candidatura conxunta do marisqueo na ría de Muros-Noia e a recolección de orilla de Chile a Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.
Outro dos temas destacados que se tratou na reunión foi o papel da muller no sector marisqueiro. Rodríguez explicou as diferentes iniciativas de formación que se desenvolven ao longo do ano, mentres que Garrido destacou a diferenza entre os países en temas de igualdade e representatividade.
A visita da delegación chilena continuou esta tarde cunha reunión coas mariscadoras da ría de Muros-Noia e seguirá mañá cunha visita aos bancos marisqueiros e á lonxa de Testal. O obxectivo que se persegue é coñecer sobre o terreo a práctica do marisqueo en Galicia e compartir experiencias coas mariscadoras da ría de Muros-Noia.
Salir de la versión móvil