Necesitaba os tres puntos os tres puntos o CD Boiro se quería voltar a meterse na loita polos postos altos da táboa, e fíxoo a costa do Vista Alegre. Os boirenses recibían ao peor equipo da categoría con 0 puntos e 0 goles a favor, que aguantaron ata o descanso pra despois sucumbir por 2-0.
E iso que o Boiro non comezou da mellor maneira, dubitativo e contaxiado pola falta de ritmo e nivel do rival que tivo en fronte. Sí chegaron algunhas ocasións que de transformalas darían unha maior tranquilidade para o resto do encontro, sobre todo para oa afeccionados alí presentes que vían como o gol non chegaba. E tivo que ser desde os 11 metros, no minuto 63, logo de que Adrián Pereira, en racha, puxese o 1-0. Non chegaría a sentencia ao o minuto 86, cando Suso aproveitou un balón para poñer o definitivo 2-0 e permitir que Barraña voltase a desfrutar dun triunfo dos seus. Con este resultado o Boiro sitúase na sétima posición con 13 puntos.
Doutra banda o Puebla visitaba ao segundo clasificado, o Dubra e saíu airoso dun encontro no que tivo que sobrepoñerse a todo. Os pobrenses saíron moi cabreados coa actuación arbitral que os deixou con 10 no minuto 50. Un gol de Xabi permitiu sacar un punto importantísimo.
Agrdábase un partido disputado e trabado, e así foi. Con dous equipos moi intensos que tentaban cometer os menos erros posibles para non marchar por detrás do electrónico. Así foi que aínda que si houbo algunha que outra ocasión, non sería ata a segunda metade cando se abriría o partido e chegarían os goles. Coa expulsión de Santi por doble cartón amarelo, os locais puxeron todo para levarse os tres puntos. A falta de 15 minutos Andrés Vila anotaba o 1-0 que facía pensar no mellor para os locais. Sen embargo, con todo sobre o campo, Xabi igualaba o encontro a falta sobre a bocina para rascar un punto nun encontro moi condicionado pola arbitraxe. Con este resultado o Puebla marcha oitavo na clasificiacón con 12 puntos.
Este domingo A Alta acollerá o derbi barbanzá entre Puebla e CD Boiro.