Sin categoría

Noia prepara os seus bancos marisqueiros

A cofraria de Noia prepara os bancos marisqueiros para a proxima campaña da ameixa e o berberecho. Trala exitosa campaña recentemente pechada comeza a posta a punto co fin de lograr unha campaña similar. Estes días traballan na retira de depredadores , sen deixar de lado a vixilancia dos bancos marisqueiros.

Durante o verán faise un reforzo da vixilancia, con 8 gardapescas, e mariscadores e mariscadoras de a pe e a flote que colaboran con esta tarefa.

En agosto realizaranse muestreos no bivalvo para comprobar cando se pode realizar a apertura, podria facerse a mediados de setembro ou no mes de outubro,

A última campaña foi moi exitosa, segundo explicou o xefe do pósito noiés, non se recorda un ano que se collesen tan ben os topes.

As perspectivas de cara a próxima campaña son de momento moi boas.

Salir de la versión móvil