O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou as novas instalacións do Observatorio Astronómico Trevinca. Alí destacou que a súa apertura dá un pulo ao municipio, designado o primeiro Destino Turístico Starlight de Galicia, tras acreditar tanto a calidade dos seus ceos, como a existencia de equipamentos turísticos e medios para divulgar a astronomía. Feijóo tamén visitou o tráiler Camiño da Innovación, salientándoa como piar clave para a transformación económica, gañar competitividade e sumar valor engadido.
NÚÑEZ FEIJÓO DESTACA QUE O OBSERVATORIO ASTRONÓMICO TREVINCA SERÁ UN REVULSIVO PARA A COMARCA

