O conselleiro do Medio Rural, José González, e o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, supervisaron hoxe as execucións subsidiarias de xestión da biomasa que se están levando a cabo no concello coruñés de Carnota. Uns traballos nos que a Xunta investirá un total de 554.000 euros co obxecto de deixar limpa de maleza e de arborado prohibido pola Lei de incendios unha superficie de 192 hectáreas situadas en franxas secundarias.
A XUNTA DESTINARÁ MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE EUROS A XESTIONAR A BIOMASA FORESTAL EN 192 HECTÁREAS DE FAIXAS SECUNDARIAS QUE NON ESTABAN LIMPAS EN CARNOTA

