Deportes

O PORTUS APOSTOLI VENCEU A UN COMBATIVO BENAVENTE (3-1).

Os noieses conquistaron os tres puntos nun gran partido de fútbol sala, que por goles decidiuse na primeira metade, pero que estivo aberto durante toda unha segunda de moita acción.
Nos primeiros 16 minutos o Portus Apostoli xa marchaba 3-0 grazas aos goles de Altamirano, Edu Jabá e Bruno Gomez, pero antes do descanso Malaguti recurtaba distancias, o que deixou o partido moi disputado para a segunda metade. Uns segundos 2 0 minutos nos que os noieses souberon sufrir para manter a distancia e sacar tres importantes puntos ante un gran rival.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.