As persoas maiores de Boiro participan nunha competición sobre a cultura galega

O vindeiro xoves 19 de maio de 2016 a partir das 15.30h a Asemblea Local de Cruz Vermella en Boiro renderá homenaxe ao día das letras galegas, adicadas este ano a Manuel María Fernández Teixeiro. A celebración terá lugar nas instalacións do Centro de Día de Boiro, onde 20 usuarias do proxecto recibirán a visita doutras 30 persoas maiores que participan nos Talleres de Memoria de Cruz Vermella en diferentes parroquias, proxecto subvencionado polo concello de Boiro.
Durante a xornada levarase a cabo unha competición, onde se traballarán habilidades mediante a música, o baile e actividades deportivas e culturais relacionadas coa cultura galega.
“Na nosa experiencia, vemos que os usuarios do centro de día vense moi acompañados e desfrutan das actividades”, sinala Natalia Romero, técnica de intervención social de Cruz Roja en Boiro. Trátase da octava edición desta competición na que o obxectivo é favorecer a relación intraxeracional (diferentes grupos de persoas da mesma idade) e os vínculos de afecto entre os usuarios e usuarias participantes das dúas entidades

https://www.youtube.com/watch?v=a2A2DLRL9GU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.