Icono del sitio CanalBarbanza.com

A XUNTA ANIMA AO SECTOR DA CONSTRUCIÓN A SER UN MOTOR DA RECUPERACIÓN ECONÓMICA E APROVEITAR OS 360 MILLÓNS DE EUROS QUE SE PREVÉN MOBILIZAR GRAZAS Á REHABILITACIÓN DE VIVENDAS

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, trasladoulles aos membros da directiva da Federación Galega da Construción que aspira a contar co sector, ao que definiu como peza clave para a recuperación de Galicia. A Xunta aproveitará a oportunidade dos fondos europeos para desenvolver numerosas actuacións para rehabilitar vivendas e mellorar a súa eficiencia enerxética nas que se mobilizarán 360 millóns de euros.

Salir de la versión móvil