CULTURA E EDUCACIÓN axiliza os trámites para que as familias accedan ao fondo público solidario de libros de texto e ás axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017. Unha convocatoria que este ano se unifica co fin de axilizar e simplificar os trámites para acceder a estes beneficios, co fin de dar a mellor e máis rápida resposta ás familias que máis o necesitan.
O vindeiro curso 2016/2017 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º e 3º de ESO. Nos restantes cursos – 1º e 2º de educación primaria, 2º e 4º de ESO e en educación especial- funcionarán as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado na educación primaria, ESO e educación especial.
Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no Diario Oficial de Galicia, no enlace web http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioG0164-040516-0005_gl.html
O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día 18 de maio e remata o 23 de xuño de 2016.

https://www.youtube.com/watch?v=aAiVoSDVvHg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.