Luz verde para a ocupación dos terreos necesarios para a construción unha nova senda peonil na estrada autonómica AC-305 no treito que une A Casilla, O Araño e Burés, no Concello de Rianxo. O Consello da Xunta autorizou hoxe a declaración de utilidade pública, polo que poderán iniciarse as expropiacións dos terreos. A Xunta investirá preto de 400.000 euros neste itinerario que busca fomentar a mobilidade alternativa e diminuír o tráfico motorizado.
O CONSELLO DA XUNTA AUTORIZA AS EXPROPIACIÓNS PARA EXECUTAR UNHA NOVA SENDA NA AC-305 QUE CONECTARÁ A CASILLA, O ARAÑO E BURÉS, EN RIANXO

