A cor morado encheu hoxe as rúas e prazas dos municipios da comarca. Centos de persoas acudiron ás concentracións convocadas nos concellos. En Ribeira o punto de encontro foi a praza do Concello. Os alumnos de diferentes centros educativos do municipio marcharon ata a praza consistorial, onde de desenvolveu un recital poético da artista Nuria Vil. Os representantes dos diferentes centros participantes deron lectura aos seus manifestos.