jueves, septiembre 28, 2023

A POLICÍA AUTONÓMICA DETÉN un home como presunto autor de dous incendios forestais intencionados en RIBEIRA

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica en Santiago informan da detención do presunto autor de dous incendios forestais intencionados nos que arderon máis de 4.000 metros cadrados de monte no Concello de Ribeira.

Segundo recoñeceu o detido na súa declaración, os incendios iniciáronse pola aplicación directa do lume cun chisqueiro, con intención de limpar a zona que habitualmente se atopa chea de silveiras e lixo. É de sinalar que tanto nas tarefas de extinción como de investigación, contouse coa colaboración dos Servizos de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia e Protección Civil de Ribeira.

Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de garda de Ribeira. Na actual campaña anti-incendios, a Policía Autonómica xa leva investigadas a vinte e cinco persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.

https://www.youtube.com/watch?v=cOjfMt9w81w

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.