Deportes

PATOLAS CORTÉS IMPONSE NA CATEGORÍA ABSOLUTA NA PRIMEIRA PROBA DO CIRCUITO DE GOLF BARBANZA AROUSA DISPUTADO NO CONCELLO DA POBRA

Finalizou a primeira proba do circuito de golf Barbanza Arousa 2021 adicada ao Concello da Pobra do Caramiñal, e fíxoo de forma exitosa cunha gran participación nesta quinta edición.
Patolas Cortés do Concello de Boiro impúxose na categoría absoluta cun impresionante resultado de 7 golpes por debaixo do par do campo, seguido a 3 golpes por Marcos Janeiro e Luis Rodríguez.
O campión na categoría hándicap foi Francisco Lorenzo de Oroso, con 43 puntos. Na categoróa senior, o campión, con 40 puntos, do concello de Rianxo foi José Tarrío, empatando a puntos co boirense José Rivera. Na categoría feminina, a vitoria foi para Maria Balayo do Concello de Muros, con 42 puntos. Na categoría junior, con 42 puntos, o pequeno Marín Silva de Boiro alzouse como campión.
A seguinte proba será este fin de semana adicada ao Concello de Boiro. As inscricións están abertas ata o xoves

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.