A Consellería do Mar investirá preto de 60.000 euros na reparación e acondicionamento das instalacións portuarias para a frota profesional no porto de Testal, no concello de Noia. Así o manifestou o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha visita realizada esta mañá ao porto noiés, acompañado do alcalde, Santiago Freire e do patrón maior, Santiago Cruz.
José Juan Durán trasladou o compromiso da Consellería do Mar co porto ó tratarse dunha actuación necesaria dada a súa importante frota profesional que necesitaba unha mellora nas súas instalacións, As obras que se levarán a cabo consistirán fundamentalmente na substitución de fingers e brazos de amarre deteriorados polo uso e pola acción do mar, torretas de enerxía e auga, puntos de ancoraxe e unións entre pantaláns. Tamén se endereitarán algúns pilotes, colocaranse bitas e cornamusas. Ademais, no dique aboiante reforzaranse as unións dos módulos de formigón do rompeolas e substituiranse as arandelas de suxeición dos módulos.
Explicou que esta actuación está en fase de contratación e que se executará nas vindeiras semanas.
Tanto o alcalde de Noia como o patrón Maior agradeceron a visita do presidente de Portos e sobre todo a inversión que se vai realizar no porto de Noia.
Pendente queda a gora o arranxo da cuberta da lonxa, nela actuará a consellería do mar a través da dirección Xeral de desenvolvemento persqueiro.
https://www.youtube.com/watch?v=UEBTqJRj4Ww