Parte dos estudantes de Outes que acoden ao IES Campo de San Alberto ou Virxe do Mar en Noia non poden facer uso das liñas de autobús do transporte interurbano para ir ás clases. Para poder entrar puntuais teñen que coller un bus que os deixaría ás 7.50 horas cando o horario lectivo comeza ás 8.40. Ao non poder usar as liñas do transporte urbano vénse obrigados a usar un servizo discrecional onde non poden facer uso da Tarxeta Xente Nova de transporte gratuíto.
VARIAS FAMILIAS DE OUTES RECLAMAN A ADAPTACIÓN DAS LIÑAS DE AUTOBÚS AOS HORARIOS DOS INSTITUTOS DE NOIA.

