Deportes

O PORTUS APOSTOLI VENCEU CON SUFRIMENTO AO LEGANÉS (3-6). OS NOIESES SUMAN SÚA DÉCIMA VITORIA EN 12 PARTIDOS

O líder da Segunda División chegou ás dez vitorias no Pavillón Europa de Leganés, onde derrotou a un equipo pepinero que nin co 1-5 en contra deuse por vencido, pero acabou claudicando ante un Noia Portus Apostoli FS que non quería permitirse deixar escapar esa clara vantaxe.
Cando se alcanzou o ecuador do primeiro acto, Joaki rompeu a igualada co 1-0, que dobraría Bruno Gomes apenas catro minutos máis tarde. Dous golpes que non fixeron dobregar a un CD Leganés FS que no 19’ atopaba no tanto de Pichi o 1-2. Xa entrados no último minuto antes do descanso, un disparo de Edu Jabá desviado por Borja Blanco facía o 1-3.
Na segunda metada o Noia FS saíu moito máis convencido e deixou prácticamente sentenciado o encontro cos goles de Joaki no 22 e Nil no 24. a falta de 10 minutos Pichi recurtaría distancias e no 36 de novo poñerçia o 3-5. a falta de tres minutos Bruno Gomes puxo o definitivo 3-6.
Con este resultado, o Portus Apostoli mantén a súa renda á fronte da clasificación ligueira, con catro puntos de vantaxe sobre o segundo posicionado, o Servigroup Peñíscola Globeenergy FS

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.