A Pousada da Galiza Imaxinaria acolleu onte unha nova edición dos premios á Excelencia Empresarial promovidos pola Asociación Boirense de Empresarios á que acudiron máis de 150 empresarios. A gala, conducida pola poeta e actriz María Lado, desenvolveuse entre risas, discursos e premios. O presidente da ABE, Daniel García destacou que nun ano tan difícil como o da pandemia a asociación sumou 28 novos socios e se consolidan os premios no concello. Os protagonistas da noite foron os empresarios e os premiados. Cristina Cerqueiras e Manuel Iglesias recibiron o premio a mellor comercio por The Desire Shop, e como mellor empresa saíu gañadora Jealsa.