O profesor Guido Kroemer recollerá o día 19 o V Premio de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal – Fundación La Rosaleda

O xoves 19 de maio entregaranse no Hostal Parador de Santiago de Compostela o V Premio Internacional de Investigación oncolóxica, científica e técnica Ramiro Carregal -Fundación La Rosaleda. O encargado de recoller o galardón e o Profesor Guido Kroemer , que desenvolve o seu traballo no Instituto de Oncoloxía Gustave Roussy , en París . O premio, de quince mil euros e galardón conmemorativo , é un dos de maior importe do seu ámbito e e permitirá ó gañador iniciar ou continuar o seu traballo no campo da investigación sobre o cancro .

A entrega realizarase, nun acto solemne no Hostal dos Reis Católicos as 19.30 h e estará presidido polo presidente da xunta, Alberto Núñez Feijóo e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. Asistirán, asimesmo, destacadas personalidades do ámbito político, social, académico e científico, como xa ocurria nas catro pasadas edicions, cando foron premiados os prestixiosos investigadores Mariano Barbacid, José Baselga, Carlos López-Otín e Eduardo Díaz-Rubio.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.