A quinta edición do Circuito de Golf Barbanza Arousa xa está aquí. Os catro concellos da Barbanza Arousa, A Pobra, Boiro, rianxo e ribeira, únense para traer un dos mellores campionatos de golf da zona. A primeira proba puntuable terá lugar maá, cun percorrido longo. Os partcipantes terán a opción de elixir horario. As opcións son o venres 19 ás 15:30 horas, o sábado 20 ás 15:30 horas e o domingo 21 ás 11:00 horas.
A vindeira semana será Boiro quen acolla a segunda proba puntuable cun percorrido curto, cos mesmos horarios. Xa en decemebro Rianxo será a penúltima proba cun percorrido longo. Ribeira será a localidade que acolla a gran final do cirucito o venres 17, sábado 18 e domingo 19 de decembro.
Os premios son moi variados. Puntúan as tres mellores tarxetas por cirucito, en scratch, hándicap. Senior, feminino e junior.Nos premios por proba o gañador de cada unha das modaliades recibirá o galardón. As xornadas tamén contarán con sortes de regalos, de 500 € ao foxo en 1 no foxo 18. A entrega de premios terá lugar o domingo 26 de decembro ás 13:00, onde participarán os concellos e a mancomunidade Barbanza Arousa.