O Ministro José Luis Escrivá reuniuse telemáticamente no Foro Mar, para repasar as cuestións de protección social, sostibilidade e seguridade do sector do mar. Nesa reunión adiantouse unha noticia positiva para as mariscadoras e redeiras, ás que lle abriu a porta da esperanza para poder xubilarse antes. O ministro informou que o vindeiro ano revisarán o modelo polo que se determinan as profesións con penosidade. A día de hoxe o coeficiente das mariscadoras a pé é de 0,1 %, e o obxectivo é aumentalo ata un mínimo do 0,15.
O MINISTERIO DE INCLUSIÓN ABRE AS PORTAS A ADIANTAR A IDADE DE XUBILACIÓN DAS MARISCADORAS.

