Daniel Gómez Ramil era moi coñecido en Ribeira, xa que ademais de ser profesor no colexio O Grupo era un dos piares da compañía de teatro municipal. Faleceu a pasada madrugada aos 65 anos debido a unha enfermidade que viña sufrindo dende fai unha longa tempada. Gómez foi homenaxeado a principios de mes polo seu papel no teatro local. A corporación municipal acordou bautizar á mostra de teatro infantil co seu nome como recoñecemento a todo o traballo que desenvolveu ao longo dos anos no mundo teatral.