Remata a campaña da sardiña, o cerco galego valorou positivamente a pesca da especie. Non foi unha campaña sinxela, dado que rapidamente remataron os cupos, e despois de moitas negociacións, puideron comprar en Cádiz máis de 600 toneladas que lles axudaron a mellorar resultados. Esta operación permitiulles alargar a tempada de pesca, pero a cambio de recurtar os beneficios en case un 40%.
O CERCO GALEGO MÓSTRASE SATISFEITO POLA CAMPAÑA DA SARDIÑA.

