Deputación Da Coruña

A DEPUTACIÓN APOIA CON 402.600 EUROS A 72 ENTIDADES DA PROVINCIA PARA ACTIVIDADES E PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Boletín Oficial da Provincia recolle a concesión definitiva da liña de axudas que a Deputación dedica a apoiar a entidades sen ánimo de lucro na organización de actividades de promoción económica na provincia. Este ano as axudas ascenden a 402.621 euros que se destinarán a 72 entidades asociativas e federativas representativas dalgún sector profesional, comercial ou empresarial. As axudas oscilan entre un mínimo de 1.770 euros a un máximo de 8.000 .
A Asociación Boirense de Empresarios é unha das beneficiadas. Contará cunha axuda de 7.400 euros para realizar actividades de promoción do comercio local. A Asociación de Comerciantes e Profesionais Noia Histórica recibirá 7.400 euros para a dinamización económica de Noia. A Asociación de Empresarios de Ribeira obterá 7.400 euros para impulsar o desenvolvemento económico da industria, comercio e hostalería. Ea Asociación Rianxeira de empresarios contará con 7.400 euros para o programa de actividades 2021.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.