A décima edición da Sin-Son 10K xa ten cubertas tódalas prazas. A proba que se desenvolverá en dúas xornadas, o 18 e 19 de decembro, terá 1.500 participantes na categoría absoluta e 500 na base. Apenas unha semana foi suficiente para que a Sin Son colapsara. A inscrición estivo aberta desde o venres 22, onde no primeiro día xa se formularan 800 inscricións.