A compañía de telecomunicacións Avatael, quinto operador de España e líder no segmento rural, entra na Coruña a través de Ribeira, despregando a súa propia rede de banda ancha en 5.080 fogares e empresas. O concello ribeirense é a primeira localidade da provincia da Coruña onde se activa o servizo. A empresa destaca pola súa cercanía e proximidade cos clientes, por iso contan cunha tenda física no número 20 da Rúa de Galicia. Desde a entidade teñen previsto seguir ampliando a súa rede por todo o municipio, xa que ven a Ribeira como un concello con gran potencial.