A Garda Civil de Tráfico da Coruña púxose en contacto coa Policía Local de Ribeira para comunicar que un vehículo BMV modelo 118D se dera a fuga logo de chocar con dous turismos estacionados na Pobra do Caramiñal. Tamén informaron de que había un cidadán que foi testemuña do sucedido e estaba seguindo ao condutor implicado. El confirmou a localización do presunto autor ata ser interceptado no lugar de Martín, onde lle deron o alto. Os axentes observaron que o condutor manobraba de xeito errático e viron que o eixo dianteiro dereito do vehículo estaba partido. Unha vez entrevistado, os axentes apreciaron que o condutor estaba influenciado polo consumo dalgunha substancia estupefaciente. O home foi trasladado ás dependencias xudiciais para realizar as dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria.