O berberechos noia cae derrotado en su visita a Porriño nun encontro igualado e emocionante que se decidiu nos intres fináis.
Comenzaban os visitantes con moito dinamismo e acertados nos seus lanzamentos para lograr as primeiras ventaxas no electrónico. No Segundo parcial continuaban os noieses impoñendo o seu xogo pero as rápidas transicions ofensivas dos locais impedialles chegar o descanso cunha ventaxa maior, ao término da primeira parte o marcador era de 39 a 47 para os noieses
Tralo paso polos vestiarios, chegou a reacción local cunha defensa asfixiante a toda pista o que provocaría os erros ofensivos dos visitantes que non lograban lanzar. No último parcial os pupilos de Jesu Souto volveron a repoñerse e poñerse por diante no marcador, pero nos minutos finais os nervos e a precipitación ofensiva permitiu aos locais levarse a victoria. Manu con 18 puntos foi o xogador máis destacado do Noia.