Barrña voltou a desfrutar de tres puntos importantísimos dos seus nun vibrante encontro fronte ao Boimorto. Os de Luis Carro presentábanse ao encontro coa obrigación de gañar para meterse na loita polos postos nobles da categoría, e facíano ante un rival aguerrido e combativo. E así se fixo ver durante todo o encontro, que estivo marcado pola súa dureza. Foi mellor un Boiro que mereceu poñerse por diante antes, pero non foi ata a falta de 20 minutos cando Piñeiro se xirou no medio campo para poñer un pase medido a Pereira que non desaproveitou para colocar o definitivo 0-1 no marcador. Os últimos minutos foron un sufrimento para o Municipal de Barraña, que desta vez si puideron saborear un novo triunfo dos seus. Con este resultado os boirenses sitúanse oitavos con 9 puntos a 4 da promoción.