O alcalde de Riveira Manuel Ruiz media entre as cofrarías de Riebria e Aguiño tralo conflicto aberto polo banco marisqueiro do Carreiro. O rexedor recibiu hoxe no Consistorio aos representantes de ambas confrarías, nunha xuntanza á que asisitu tamén o avogado Manuel Lampón.
Na xuntanza ambas partes se reafirmaron na defensa dos límites que cada unha delas considera está no seu dereito: no caso de Riveira apelando á orde da Consellería do Mar e na de Aguiño baseándose nas súas concesións dende a orixe das mesmas. Trala xuntanza o patrón maior de Aguiño, destacou que a importancia de aclarar as diferencias nas medicións realizadas.
Ante tal discrepancia, o alcalde comprometeuse a falar co delegado de Pesca para ver de reunirse co técnico autonómico que revisou a liña para que se realice unha nova revisión e que o mesmo faga o técnico que efectuou un traballo similar por encargo da confraría de Aguiño. A idea é que ambos técnicos fagan unha posta en común das diferentes medicións.
Destes novos traballos espérase unha proposta que será sometida as dúas asembleas das confrarías en conflito.